martes, 5 de mayo de 2026

Hoxe, no novo episodio da nosa radio escolar, traemos un programa moi especial… e moi saboroso! Nesta ocasión, por aclamación popular dos nosos locutores e locutoras, dedicamos todo o espazo ao humor gastronómico, cunha selección de chistes relacionados co mundo da comida.

Ao longo do programa escoitaredes bromas protagonizadas por froitas, verduras, pratos e sobremesas, nun menú cheo de enxeño e risas, e moitos xogos de palabras. Un episodio pensado para pasalo ben, desconectar e demostrar que a creatividade tamén pode estar na cociña… e no humor!

Agardamos que desfrutedes tanto escoitándoo como nós desfrutamos preparándoo.

Bo proveito… e pasádeo ben!

miércoles, 25 de marzo de 2026

O equipo de radio escolar preséntanos un novo programa no que os nenos e nenas se mergullan no mundo da gastronomía galega. Nesta ocasión, transformáronse en chefs e locutores para dar vida a un restaurante imaxinario cun menú cheo de tradición e sabor.

Para comezar, propoñen uns entrantes moi nosos: empanada e un reconfortante caldo. Como primeiros pratos, non podían faltar os exquisitos percebes e o clásico polbo á feira. O prato principal chega da man dunha deliciosa pescada á galega, fiel reflexo da nosa cociña mariñeira. E para rematar, dous doces irresistibles: milfollas e a tradicional tarta de Santiago.

Un traballo feito con ilusión, creatividade e moito orgullo pola nosa cultura, que vos convidamos a descubrir e saborear a través das súas voces.

domingo, 15 de marzo de 2026

Este ano preguntámonos: por que non participar no Concurso de Podcasts, agora que estamos comezando a facer as nosas propias gravacións? Pensamos que podía ser unha maneira estupenda de practicar, aprender e pasalo ben.

Así que puxémonos mans á obra… e ata trouxemos ao grupo de pandereteiras do cole, para añadirlle un maior valor ao noso podcast e para que participasen máis nenas e nenos do centro.

O tema que escollemos ten moito que ver coas Letras Galegas deste ano, adicadas a Begoña Caamaño, unha autora moi coñecida pola súa defensa da igualdade entre homes e mulleres.

A experiencia foi fantástica. Aprendemos moitísimo, traballamos en equipo e, sobre todo, gozamos moito facendo radio. Ao final, o de menos é o premio!

 

lunes, 2 de marzo de 2026

E aínda que xa pasou, falemos do Entroido!!!

Hoxe mergullarémonos nunha das festas máis divertidas e cheas de cor do ano: o Entroido. Ao longo deste programa falaremos das tradicións máis representativas da nosa terra, e descubriremos tamén como se celebra o Entroido noutros lugares do mundo, desde o famoso "Carnaval de Río de Janeiro" ata o de Venecia. 

Ademais, aproveitando o noso PDI “Saboreando o Mundo”, non podería faltar un percorrido polos pratos típicos do Entroido, tanto en Galicia coma noutros países. Falaremos de delicias tradicionais galegas como o cocido pasando tamén por receitas propias doutras culturas nestas datas festivas. 

 Preparade os oídos… e tamén o apetito, porque comeza unha viaxe chea de tradición, cultura e sabor!
 

Benvidos a un novo ano da Radio

Presentámosvos o novo grupo da nosa radio escolar, A Voz do Eusebio, que este curso estará moi ligado ao noso PDI “Saboreando o mundo”. Somos un equipo renovado de alumnos e alumnas con moitas ganas de investigar, aprender e compartir todo o que imos descubrindo sobre culturas, tradicións e gastronomía de diferentes países. A través da radio contaremos curiosidades, receitas, costumes, festas e historias que nos axudarán a viaxar polo mundo sen saír do cole.

Na nosa programación atoparedes entrevistas, pequenas reportaxes, datos interesantes e experiencias relacionadas cos países que vaiamos traballando ao longo do curso. Queremos que esta radio sexa un espazo para coñecer outras culturas, respectar a diversidade e aprender saboreando cada descubrimento. Agardamos que nos escoitedes e que formedes parte desta viaxe arredor do mundo! 

Nesta primeira gravación, simplemente queremos que os nosos locutores e as nosas locutoras se presenten, así que, afinade os vosos oídos, e seguide conectados!!!


jueves, 2 de mayo de 2024

🏞️♻️ Investigando sobre o Día da Auga e o Día dos Bosques ♻️🏞️

 Bo día, queridos oíntes! Levamos unhas semanas moi intensas... 

Todo comezou no mes de marzo, cando se celebrou o Día Mundial da Auga e tamén o Día dos Bosques, e dixemos: "por que non investigamos sobre como a contaminación afecta ao noso planeta?".


Investigamos moito e descubrimos cousas moi interesantes que vos queremos contar.

Esperamos que este programa poida axudar a concienciar á xente da importancia de coidar o noso planeta. Nós, agora que sabemos todo isto, vamos a coidar moito mais a natureza. Esperamos que vos guste!




jueves, 25 de abril de 2024

🌊🐚 De salitre y arena 🐚🌊

 

¡Hola a todos! Hoy en Cultura Basura nos gustaría hablaros de Esther.


La semana pasada tuvimos la oportunidad de entrevistar a esta gran escritora. Alguno de nosotros ya había leído una de sus obras en clase, María na busca da liña do horizonte, pero desde luego el poder hablar con ella nos dio una nueva visión del libro y su obra. 

La obra de Esther está muy influenciada por los paisajes marítimos de Betanzos y las leyendas y mitos, de hecho el libro que leímos trata de una sirena y un reino acuático desconocido, pero bueno no os decimos nada más porque no os queremos hacer spoiler. Podéis descubrir muchísimo más sobre Esther en el siguiente programa.




Ha sido genial poder entrevistarte, Esther ¡Muchas gracias por tu ayuda y esperamos volver a verte pronto!


Hoxe temos, na Voz do Eusebio, un episodio no que imos falar de pirámides. E non nos referimos as famosas pirámides exipcias de Keops, Kefré...