martes, 19 de mayo de 2026

E seguindo cunha semana moi prolífica, hoxe temos un episodio moi especial. Case case en riguroso directo, sen cortes, a nosa rapazada asomouse ao que pode ser o mais parecido a unha radio convencional. Todos e todas prepararon a súa intervención, e déronnos unha pequena charla acerca de que hábitos debemos seguir para levar unha vida saudable. Micros abertos, moito respecto polo traballo dos seus compañeiros e compañeiras, e tamén, porque non dicilo, bastantes nervos!!!

Con moito orgullo compartimos convosco a nosa última sesión, esperamos que a disfrutedes como nos o fixemos gravándoa!!!

Nesta ocasión cambiamos de rexistro para abrir os micrófonos a unha conversa moi especial. O alumnado preparou con moito agarimo unha entrevista a unha cociñeira profesional que cada día pon sabor, coidado e humanidade no seu traballo nunha residencia de persoas maiores.

A protagonista deste episodio non só comparte connosco os segredos da súa profesión, as historias da cociña e a importancia dunha boa alimentación, senón tamén unha conexión moi especial coa nosa radio: é familiar dunha das nosas locutoras. Iso converte esta entrevista nun encontro próximo, emotivo e cheo de autenticidade.

Será pois un episodio cociñado a lume lento, con preguntas preparadas con ilusión polo alumnado e cun ingrediente imprescindible: o afecto.

viernes, 8 de mayo de 2026

Hoxe temos, na Voz do Eusebio, un episodio no que imos falar de pirámides. E non nos referimos as famosas pirámides exipcias de Keops, Kefrén e Micerinos, senón as pirámides alimenticias. 

Compararemos a pirámide que estivo vixente ata o 2025 e a nova, que está diseñada desde o 2026. 

Así pois, arranca un novo programa no que poderemos aprender que alimentos son mellores e peores para a nosa saúde. Alá vamos!!!

martes, 5 de mayo de 2026

Hoxe, no novo episodio da nosa radio escolar, traemos un programa moi especial… e moi saboroso! Nesta ocasión, por aclamación popular dos nosos locutores e locutoras, dedicamos todo o espazo ao humor gastronómico, cunha selección de chistes relacionados co mundo da comida.

Ao longo do programa escoitaredes bromas protagonizadas por froitas, verduras, pratos e sobremesas, nun menú cheo de enxeño e risas, e moitos xogos de palabras. Un episodio pensado para pasalo ben, desconectar e demostrar que a creatividade tamén pode estar na cociña… e no humor!

Agardamos que desfrutedes tanto escoitándoo como nós desfrutamos preparándoo.

Bo proveito… e pasádeo ben!

E seguindo cunha semana moi prolífica, hoxe temos un episodio moi especial. Case case en riguroso directo, sen cortes, a nosa rapazada asomo...