Panda Parranda presenta o seu primeiro programa!
Ola! Somos Lana, Inés e Charlie e somos os integrantes de Panda Parranda, un dos dous grupos da radio escolar do Eusebio da Guarda. Queremos presentarnos e dar as grazas aos nosos compañeiros de Cultura Basura pola primeira entrada do blog.
A segunda entrada é nosa! E nela, queremos que escoitedes o noso primeiro programa para ter un día xenial. Neste primeiro programa fixemonos unha entrevista a nós mesmos para que nos coñezades mellor e dar comezo a este proxecto.
Nós quixemos facer o programa en galego, porque Cultura Basura xa o vai facer en castelán, para falar mais en galego e porque ademais a maioría de actividades e proxectos do cole están en galego.
Sen mais esperas, aquí deixamos o primeiro programa. Esperamos que o desfrutedes moitísimo.