O equipo de radio escolar preséntanos un novo programa no que os nenos e nenas se mergullan no mundo da gastronomía galega. Nesta ocasión, transformáronse en chefs e locutores para dar vida a un restaurante imaxinario cun menú cheo de tradición e sabor.
Para comezar, propoñen uns entrantes moi nosos: empanada e un reconfortante caldo. Como primeiros pratos, non podían faltar os exquisitos percebes e o clásico polbo á feira. O prato principal chega da man dunha deliciosa pescada á galega, fiel reflexo da nosa cociña mariñeira. E para rematar, dous doces irresistibles: milfollas e a tradicional tarta de Santiago.
Un traballo feito con ilusión, creatividade e moito orgullo pola nosa cultura, que vos convidamos a descubrir e saborear a través das súas voces.
No hay comentarios:
Publicar un comentario