martes, 19 de mayo de 2026

Nesta ocasión cambiamos de rexistro para abrir os micrófonos a unha conversa moi especial. O alumnado preparou con moito agarimo unha entrevista a unha cociñeira profesional que cada día pon sabor, coidado e humanidade no seu traballo nunha residencia de persoas maiores.

A protagonista deste episodio non só comparte connosco os segredos da súa profesión, as historias da cociña e a importancia dunha boa alimentación, senón tamén unha conexión moi especial coa nosa radio: é familiar dunha das nosas locutoras. Iso converte esta entrevista nun encontro próximo, emotivo e cheo de autenticidade.

Será pois un episodio cociñado a lume lento, con preguntas preparadas con ilusión polo alumnado e cun ingrediente imprescindible: o afecto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

E seguindo cunha semana moi prolífica, hoxe temos un episodio moi especial. Case case en riguroso directo, sen cortes, a nosa rapazada asomo...