jueves, 1 de febrero de 2024

Un programa moi festivo

Queridos e queridas oíntes hoxe en Panda Parranda temos un programa moi especial.

Adiviñades de que pode tratar? Veña, dámosvos unhas pistas: febreiro, pandeiretas, filloas, disfraces... O que nos gusta a nós unha boa festa non o sabedes ben. Seguro que xa os podedes facer unha idea, pero por se acaso imos deixar o programa ao final da entrada.

Neste programa presentarémosvos ademais a un novo membro do equipo, e teremos unha estrela invitada para darvos unha sorpresa xunto con Inés ao final da gravación.

Non diredes que non mereceu a pena a espera... Esperamos que vos guste!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Hoxe temos, na Voz do Eusebio, un episodio no que imos falar de pirámides. E non nos referimos as famosas pirámides exipcias de Keops, Kefré...