domingo, 15 de marzo de 2026

Este ano preguntámonos: por que non participar no Concurso de Podcasts, agora que estamos comezando a facer as nosas propias gravacións? Pensamos que podía ser unha maneira estupenda de practicar, aprender e pasalo ben.

Así que puxémonos mans á obra… e ata trouxemos ao grupo de pandereteiras do cole, para añadirlle un maior valor ao noso podcast e para que participasen máis nenas e nenos do centro.

O tema que escollemos ten moito que ver coas Letras Galegas deste ano, adicadas a Begoña Caamaño, unha autora moi coñecida pola súa defensa da igualdade entre homes e mulleres.

A experiencia foi fantástica. Aprendemos moitísimo, traballamos en equipo e, sobre todo, gozamos moito facendo radio. Ao final, o de menos é o premio!

 

lunes, 2 de marzo de 2026

E aínda que xa pasou, falemos do Entroido!!!

Hoxe mergullarémonos nunha das festas máis divertidas e cheas de cor do ano: o Entroido. Ao longo deste programa falaremos das tradicións máis representativas da nosa terra, e descubriremos tamén como se celebra o Entroido noutros lugares do mundo, desde o famoso "Carnaval de Río de Janeiro" ata o de Venecia. 

Ademais, aproveitando o noso PDI “Saboreando o Mundo”, non podería faltar un percorrido polos pratos típicos do Entroido, tanto en Galicia coma noutros países. Falaremos de delicias tradicionais galegas como o cocido pasando tamén por receitas propias doutras culturas nestas datas festivas. 

 Preparade os oídos… e tamén o apetito, porque comeza unha viaxe chea de tradición, cultura e sabor!
 

Benvidos a un novo ano da Radio

Presentámosvos o novo grupo da nosa radio escolar, A Voz do Eusebio, que este curso estará moi ligado ao noso PDI “Saboreando o mundo”. Somos un equipo renovado de alumnos e alumnas con moitas ganas de investigar, aprender e compartir todo o que imos descubrindo sobre culturas, tradicións e gastronomía de diferentes países. A través da radio contaremos curiosidades, receitas, costumes, festas e historias que nos axudarán a viaxar polo mundo sen saír do cole.

Na nosa programación atoparedes entrevistas, pequenas reportaxes, datos interesantes e experiencias relacionadas cos países que vaiamos traballando ao longo do curso. Queremos que esta radio sexa un espazo para coñecer outras culturas, respectar a diversidade e aprender saboreando cada descubrimento. Agardamos que nos escoitedes e que formedes parte desta viaxe arredor do mundo! 

Nesta primeira gravación, simplemente queremos que os nosos locutores e as nosas locutoras se presenten, así que, afinade os vosos oídos, e seguide conectados!!!


Este ano preguntámonos: por que non participar no Concurso de Podcasts, agora que estamos comezando a facer as nosas propias gravacións? Pen...